Contamos con diferentes paquetes, desde a redacción dun Plan de Convivencia personalizado que sería o máis sinxelo ata a redacción do devandito Plan e a implementación dun servizo de Mediación interno ou externo. A contratación dun plan de nivel intermedio levaría un traballo de campo de aproximadamente un mes (4 horas de formación ao profesorado, 10 horas de formación aos alumnos que comporían o equipo, análise de datos do Centro para crear un plan individualizado, sensibilización a toda a comunidade e potenciación da imaxe) e un acompañamento e seguimento do servizo durante o resto do curso escolar. Isto é unha temporización sobre o papel a modo de exemplo, como xa dixemos a nosa filosofía é traballar ao ritmo que marque o Equipo Directivo do Centro para conseguir dar unha resposta o máis personalizada posible ao acordo de colaboración.