Mediación Educativa é unha rama de Mediación Móbil, que é un dos proxectos gañadores dos VI Premios INCUVI-Emprende da Universidade de Vigo en 2017.
A idea xorde durante a realización do Curso de Especialista en Mediación impartido pola Universidade de Vigo, máis concretamente na Escola de Forestais do Campus de Pontevedra, por medio de dous dos seus alumnos (Ignacio Fernández e Anxo Torres), que no seu afán de concienciar á sociedade sobre a mediación e labrarse un futuro laboral mediante a súa práctica, presentan unha idea de negocio enfocada nun concepto dun servizo de mediación personalizado, adaptable ás distintas necesidades do cliente e mellorado a través do TIC.
Tras un proceso selectivo durante o cal se houbo de entregar un dossier explicativo da proposta de valor e defender a idea ante un grupo de especialistas procedentes de diferentes áreas, pasouse a unha rolda final. Nun acto o día 16 de marzo de 2017 na Universidade de Vigo déronse finalmente a coñecer os proxectos gañadores, entre eles Mediación Móbil representando ao campus pontevedrés.
Ante a obrigatoriedade de implementar Plans de Convivencia nos Centros de Ensino da Comunidade Autónoma de Galicia nosa aposta pivota ao redor de dous eixos: por unha banda a elaboración dun Plan de Convivencia integral e personalizada para cada centro educativo e por outra a oferta formativa para profesorado e alumnado necesaria para instalar un servizo de mediación útil, funcional e permanente no tempo.
Os nosos valores diferenciais teñen como obxectivo o descargo de traballo ao persoal do centro na redacción do devandito Plan e proporcionar unha formación teórica e práctica en mediación flexible e adaptada ás necesidades dos membros do Equipo a crear (asistencia persoal, electrónica, documental, profesionais de apoio de diferentes áreas, etc). Ademais dun seguimento e supervisión constante do proceso. Todo iso a un prezo alcanzable, en formato escalable segundo a demanda particular de cada cliente, traballando ao ritmo marcado polo Centro e coa potenciación da imaxe do seu centro educativo.
Mediación Móbil está formada por dous socios, Ignacio Fernández e Anxo Torres, que durante a súa formación como mediadores acreditados decidiron traballar sobre unha visión da mediación compartida por ambos. Esta forma de entender a Mediación é a de considerala unha motor clave para a pacificación social, especialmente no ámbito da educación por iso forman o subproxecto Mediación Educativa. Por iso, aínda que o ámbito de actuación da empresa non se pecha á mediación familiar e mercantil, decidimos centrar os nosos esforzos no campo da mediación educativa.