• 986-10-63-51
  • info@mediacioneducativa.es

Perspectiva de xénero

O tratamento da perspectiva de xénero  como vehiculizador dunha transformación social que mude o clima de convivencia nos centros escolares, e a través disto a sociedade futura que conformarán os nenos e nenas de hoxe, é una parte esencial do proxecto educativo de Mediación Móbil.

O noso plantexamento pivota arredor da idea de que grande parte das dinámicas negativas que suceden no día a día  dos institutos ten relación coa absorción e perpetuación de roles de xénero que a sociedade actual verte sobre a personalidade en formación dos adolescentes. Por iso consideramos que é neste punto onde debemos traballar e focalizar esforzos para construír unha sociedade máis sá e inclusiva.  Se ben é certo que outras moitas lacras lastran o avance social (racismo, discriminación por causa do idioma, etc) numerosos estudos indican que a maior parte da conflictividade no eido da educación provén de alguna maneira dunha construcción social e cultural tendente á discriminación por un enfoque de xénero excluínte e predominantemente masculinizado. A incidencia a longo prazo ou a valoración da súa pegada pode ser obxecto de distintas gradacións pero resulta difícil cuestionar o feito de que é un denominador común en moitos casos, sexan puntuais ou sostidos a longo prazo.

Dende Mediación Móbil traballamos na creación dun método de elaboración de Plans de Convivencia e técnicas de implantación de Servizos de Mediación nos Centros Escolares que ten moi presente a contribución mediante os mesmos á incorporación dun enfoque integrado de xénero. A grandes rasgos a estratexia de actuación seguiría tres grandes liñas:

  • Elaboración dun estudo previo sobre a situación particular de cada Centro e do conxunto dos mesmos (actualizable periódicamente para analizar dinámicas).
  • Formación a alumnado e profesorado para sensibilizar, detectar e actuar.
  • Campañas de concienciación social (tamén a nivel interno no Centro en relación co punto anterior) apoiándose nas novas tecnoloxías para convertelas en aliadas fronte o problema.

A elaboración destes estudos farase de xeito anónimo a través dun sistema de enquisas chamado Moodle e utilizando marcadores en aspectos chave para que sexa fácilmente analizable e rastreable.

A formación do alumnado e profesorado correrá a cargo de profesionais coñecedores dos procesos de integración de perspectiva de xénero e estará orientada fundamentalmente á prevención de dinámicas negativas e a implementación dun servizo de mediación (cun profesor actuando como mediador ou cun enfoque de mediación entre iguais) para tratar os eventuais problemas que puidesen xurdir durante a convivencia escolar. Este Servizo estaría operativo para dar resposta a problemas de diversa significación pero será especialmente sensible coa actuación ante conductas machistas.

No tocante ás campañas de sensibilización a nosa intención é a de apoiarnos en estratexias que xiren en torno a un uso socialmente útil das novas tecnoloxías, especialmente ás redes sociais. Aquí entrarían diferentes propostas a valorar polos Centros e adaptadas ás súas capacidades, pero como exemplo podemos sinalar á viralización de temas relacionados coa sensibilización mediante estratexias de markenting dixital, que a vez entroncarían coa dinamización idiomática sobre a que pretendemos descansar outro dos pés do proxecto, que é a utilización do galego como língua vehicular das campañas e do Servizo.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies